viernes, 8 de febrero de 2008

Actividades de Entroido 2008

Sábado de Piñata.
Dirixido ós máis pequenos, celebrarase o sábado 9 de febreiro ás 6 da tarde, no local social da Moreira.
Teremos doces, música, xogos, contos e un obradoiro de maquillaxe, dirixido por Marta Grandal e Patricia Rodríguez, no que poderán pintarse como bruxas, fadas, vampiros, bolboretas, etc
Cea de Antroido.
Dirixida a maiores e pequenos, celebrarase o sábado 16 de febreiro ás 10 da noite no local social da Moreira.
O menú consistirá en: lacón con grelos, cachucha, chourizos, patacas, pan, viño ou auga, maila sobremesa de orellas e freixós.
O custo por persoa será de 14 euros socios / 16 euros os non socios e é necesario apuntarse antes do día 10 de febreiro no seguinte teléfono: 981486125
Ademáis a persoa que traia o disfraz máis orixinal recibirá un premio que onsistirá nunha peza de porcelana de Sargadelos, que conmemora o descubrimento de América.