viernes, 14 de septiembre de 2007

Cursos 2007-2008

Estes cursos durarán dende outubro de 2007 a xuño de 2008.
Para apuntarse a estas actividades, acudir o MARTES 18 DE SETEMBRO, ó local social ás 7 da tarde.

Luns:
16-19:00 Manualidades. Mestra: Pili. Mínimo: 4 persoas. Prezo:19€ mes
19-20:00 Ximnasia. Mestre:Eloi. Mínimo: 8 persoas. Prezo:16€ mes

Martes:
17-19:00 Xardinería (interior, exterior, arranxos florais, flores secas) *pódese modificar hora.
Mestra: Maite. Mínimo: 8 persoas. Prezo: 16€ mes.
19-20:00 Estética (outubro maquillaxe, novembro manicura).
Mestras: Marta e Patricia. Mínimo:10 persoas, máximo 20. Prezo: 16€ mes.

Mércores:
16-20:00 Cociña. Mestra: Núria. Mínimo: 12 persoas. Prezo: 22€ mes.

Xoves:
18-19:00 Fotografía (traballando con cámara manual, automática e dixital) *pódes modificar hora.
Mestra: Rocío. Mínimo: 7 persoas. Prezo: 20€ mes

Venres:
16-17:00 Solfeo máis frauta e gaita galega (para nenos a partir de 6 anos e adultos)*pódese modificar horario.
Mestre: Antonio. Mínimo: non establece. Prezo: 30 € mes
20-21:00 Coral (canción popular para nenos e adultos)

Sábado:
11-12:00 Contacontos. Cada sábado contará un conto un veciñ@ diferente. Gratuito.
21-22:00 Bailes de salón (para nenos e adultos) *pódense engadir horas.
Profesor: Eloi. Mínimo: 8 parellas. Prezo: 16€ mes.

Actividades previstas para os vindeiros meses:

20 de outubro: Actuación do grupo musical Bohemios, no Local Social.
11 de novembro: Romería a San Martiño de Marnela, con concurso de cabazas e xogos populares pola tarde, no campo da festa de Marnela.
31 de decembro: Festa de fin de ano no Local Social, con barra libre e cotillón.
5 de xaneiro: Cabalgata de reis por distintos puntos da parroquia e posterior recepción dos reis magos no local social.
9 de febreiro: Baile de antroido para nenos e adultos, con degustación de doces tradicionais.
8 de marzo: Maratón de pim-pom
12 de abril: Maratón de tute.
1 de maio: Confección dos maios.
24 de maio: Camiño a San Andrés (polo camiño Real)
24 de xuño: Sardiñada e luminaria de San Xoán.
29 de xuño: Sardiñada e luminaria de San Pedro.
26 de agosto: Excursión ó Porquiño de Amil (Pontevedra).

Nova directiva da AAVV "Beiramar" de Pantín.

Estracto da información que os veciños recibimos nas nosas casas. 31 de agosto de 2007.

A nova Xunta Directiva está formada por:

Guadalupe López Sánchez (presidenta), do lugar da Barreira nº8.
Begoña López Rodríguez (secretaria), do lugar de Casianes, nº1.
Juan José Nodar Bouza (tesoureiro), do lugar da Pereira s/n.
Manuel López Fernández (representante perante o Concello), do lugar de Marnela de arriba s/n.
José Jorge Gómez Vellón (vocal) do lugar da Veiga s/n.
José Loureiro Carracedo (vocal) do lugar da Barreira, nº12.
Mercedes Montero Rey (vocal), do lugar da Uceira, nº18.
Carlos Rodríguez Rodríguez (vocal) con domicilio en Santa Mariña, nº49.