lunes, 23 de junio de 2008

Vídeo da sardiñada da AVV.

Boas xente, teño este blog medio desatendido por falta de tempo.
Sen embargo para saber de calquera acontecemento en Pantín podedes botarlle un ollo a:
http://pantinesdistinto.wordpress.com onde Goiriz vos terá ó tanto das ultimas novidades na parroquia.
E eu ando por aquí: http://altuntun.wordpress.com que é o meu blog persoal pero como teño pouco tempo xa falo das cousas de Pantín alí tamén (é un blog todoterreo, xa que ocuparse de varios á vez é complicado jeje)
E bueno como adiantaba no titulo desta entrada, xa está dispoñible o video da sardiñada:

http://altuntun.wordpress.com/2008/06/22/sardinada-de-san-xoan-2008/

Saudos a tod@s.

viernes, 8 de febrero de 2008

Actividades de Entroido 2008

Sábado de Piñata.
Dirixido ós máis pequenos, celebrarase o sábado 9 de febreiro ás 6 da tarde, no local social da Moreira.
Teremos doces, música, xogos, contos e un obradoiro de maquillaxe, dirixido por Marta Grandal e Patricia Rodríguez, no que poderán pintarse como bruxas, fadas, vampiros, bolboretas, etc
Cea de Antroido.
Dirixida a maiores e pequenos, celebrarase o sábado 16 de febreiro ás 10 da noite no local social da Moreira.
O menú consistirá en: lacón con grelos, cachucha, chourizos, patacas, pan, viño ou auga, maila sobremesa de orellas e freixós.
O custo por persoa será de 14 euros socios / 16 euros os non socios e é necesario apuntarse antes do día 10 de febreiro no seguinte teléfono: 981486125
Ademáis a persoa que traia o disfraz máis orixinal recibirá un premio que onsistirá nunha peza de porcelana de Sargadelos, que conmemora o descubrimento de América.

sábado, 5 de enero de 2008

Chegan os Reis Magos!!!

Nenos e nenas de Pantín, xa sabedes o que toca... a deitarse cediño e agardar que os Reis Magos vos traian o que pedichedes (da vosa conta corre o ben que vos portarades durante o ano) e se non tran todo o que se pedíu non queda outra que agardar ata o ano que ven a ver se daquela cola, porque seica os Reis Magos non dispoñen de Libro de Reclamacións...


Velahí queda un video das Suas Maxestades de paseo pola parroquia:


viernes, 19 de octubre de 2007

Mañá actuación dunha rondalla no local social.

Mañá, sábado 20, a partir das 21:00 horas, actuación da rondalla Añoranzas no local social.

viernes, 14 de septiembre de 2007

Cursos 2007-2008

Estes cursos durarán dende outubro de 2007 a xuño de 2008.
Para apuntarse a estas actividades, acudir o MARTES 18 DE SETEMBRO, ó local social ás 7 da tarde.

Luns:
16-19:00 Manualidades. Mestra: Pili. Mínimo: 4 persoas. Prezo:19€ mes
19-20:00 Ximnasia. Mestre:Eloi. Mínimo: 8 persoas. Prezo:16€ mes

Martes:
17-19:00 Xardinería (interior, exterior, arranxos florais, flores secas) *pódese modificar hora.
Mestra: Maite. Mínimo: 8 persoas. Prezo: 16€ mes.
19-20:00 Estética (outubro maquillaxe, novembro manicura).
Mestras: Marta e Patricia. Mínimo:10 persoas, máximo 20. Prezo: 16€ mes.

Mércores:
16-20:00 Cociña. Mestra: Núria. Mínimo: 12 persoas. Prezo: 22€ mes.

Xoves:
18-19:00 Fotografía (traballando con cámara manual, automática e dixital) *pódes modificar hora.
Mestra: Rocío. Mínimo: 7 persoas. Prezo: 20€ mes

Venres:
16-17:00 Solfeo máis frauta e gaita galega (para nenos a partir de 6 anos e adultos)*pódese modificar horario.
Mestre: Antonio. Mínimo: non establece. Prezo: 30 € mes
20-21:00 Coral (canción popular para nenos e adultos)

Sábado:
11-12:00 Contacontos. Cada sábado contará un conto un veciñ@ diferente. Gratuito.
21-22:00 Bailes de salón (para nenos e adultos) *pódense engadir horas.
Profesor: Eloi. Mínimo: 8 parellas. Prezo: 16€ mes.

Actividades previstas para os vindeiros meses:

20 de outubro: Actuación do grupo musical Bohemios, no Local Social.
11 de novembro: Romería a San Martiño de Marnela, con concurso de cabazas e xogos populares pola tarde, no campo da festa de Marnela.
31 de decembro: Festa de fin de ano no Local Social, con barra libre e cotillón.
5 de xaneiro: Cabalgata de reis por distintos puntos da parroquia e posterior recepción dos reis magos no local social.
9 de febreiro: Baile de antroido para nenos e adultos, con degustación de doces tradicionais.
8 de marzo: Maratón de pim-pom
12 de abril: Maratón de tute.
1 de maio: Confección dos maios.
24 de maio: Camiño a San Andrés (polo camiño Real)
24 de xuño: Sardiñada e luminaria de San Xoán.
29 de xuño: Sardiñada e luminaria de San Pedro.
26 de agosto: Excursión ó Porquiño de Amil (Pontevedra).

Nova directiva da AAVV "Beiramar" de Pantín.

Estracto da información que os veciños recibimos nas nosas casas. 31 de agosto de 2007.

A nova Xunta Directiva está formada por:

Guadalupe López Sánchez (presidenta), do lugar da Barreira nº8.
Begoña López Rodríguez (secretaria), do lugar de Casianes, nº1.
Juan José Nodar Bouza (tesoureiro), do lugar da Pereira s/n.
Manuel López Fernández (representante perante o Concello), do lugar de Marnela de arriba s/n.
José Jorge Gómez Vellón (vocal) do lugar da Veiga s/n.
José Loureiro Carracedo (vocal) do lugar da Barreira, nº12.
Mercedes Montero Rey (vocal), do lugar da Uceira, nº18.
Carlos Rodríguez Rodríguez (vocal) con domicilio en Santa Mariña, nº49.